sábado, 2 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

A Asociación Palaestra e a Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) colaboran nun concurso de fotografía baseado nos cambios experimentados na cidade da Coruña.

A idea é que os afeizoados a fotografía realicen unha fotografía no mesmo lugar que aparece na foto, de forma que se premiará á mellor serie de fotografías que reflexen este cambio.

Cada dous días publicaremos dúas fotografías totalizando coa de hoxe un total de 21 e loxicamente algunhas delas non serán moi doadas de situar na cidade de hoxe.

Buscamos deste xeito que a xente coñeza mais a historia recente da cidade e que valore os cambios arquitectónicos e urbanísticos entre A Coruña do século XX e a do século XXI.

As fotografías poden remitirse a incude@udc.es ata o 30 de setembro de 2014.

Coas fotografías realizarase un pequeno libro e una exposición. Ademais haberá os seguintes premios:

1º PREMIO: Trofeo, libro e 100 €
2º PREMIO: Trofeo, libro e 50 €
3º PREMIO: Trofeo, libro e 25 €