luns, 18 de agosto de 2014

Semana de Xogos

Coincidindo coa celebración da Mind Sports Olympiad, dende INCUDE decidimos organizar tamén unha Semana de Xogos dendo o vindeiro luns 18 ao venres 22 de agosto.

Cartel Semana de Xogos

LUNS 18:
19,30: Torneo de Damas

MARTES 19:
17,00: Torneo de Carcassonne
19,30: Torneo de Dominó

MÉRCORES 20:
17,00: Demostracións de DBA, Infinity, Blood Bowl e Twilight Struggle
19,30: Torneo de Sudoku

XOVES 21:
17,00: Torneo de Magic
19,30: Torneo de Trivial

VENRES 22:
19,30: Torneo de Xadrez Rápido

Entregarase un pequeno agasallo ao gañador de cada proba.
Establecerase unha clasificación xeral da mini-olimpiada. En cada torneo se darán puntos aos 10 primeiros clasificados: 10 puntos ao 1º, 9 puntos a 2º, 8 puntos ao 3º, etc. Sen límite de torneos.
Os tres primeiros da clasificación xeral recibirán un trofeo, así coma o mellor clasificado que sexa socio de INCUDE. Os trofeos non son acumulables.
Cota: 1 € por participar en todas as actividades dunha tarde.

Asimesmo, de luns a venres durante as mañás, impartiremos outro curso de xadrez infantil para menores de 14 anos. O custe será de 10 euros por persoa.

Todas as actividades se celebrarán no Sporting Club Casino, na rúa Real nº 83 na Coruña.

Lembra que están abertos os prazos para participar nos nosos concursos culturais!