Sábado 20 de Agosto – Monumento Natural Costa de Dexo.
A realizar en coches particulares.
Hora de saída: 11,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Día de camiñata polo Monumento Natural Costa de Dexo no Concello de Oleiros. Percorre a franxa marítima que se atopa entre os Faros de Mera e o Porto de Lorbé. Esta franxa costeira é unha das poucas áreas naturais ben conservadas de toda a costa ártabra. Este feito, xunto á singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, e á súa xeomorfoloxía e paisaxe foron os motivos de que, no ano 2000, fose declarada Monumento Natural.
Retorno previsto: 18,00
Costa de Dexo na Galipedia