mércores, 20 de xullo de 2016

III CONCURSO CORUÑA EN SEPIA

A Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) grazas á axuda da Deputación da Coruña e da S. C. D. Palaestra realiza por terceiro ano un concurso de fotografía baseado nos cambios experimentados na cidade da Coruña.

A nosa intención é que os participantes realicen unha fotografía actual do lugar que aparecerá nas que iremos publicando, de forma que se premiará á mellor serie de fotografías que reflexen os cambios.

Invitamos desta xeito a meditar non só aos participantes, se non a todos os lectores das nosas webs, sobre a evolución da cidade e a transformación dos seus espazos, reflexionando sobre os cambios entre A Coruña do século XX e a do século XXI.

Dende o 1 de agosto publicaremos tres fotografías cada semana, durante oito semanas, finalizando así a serie a finais de setembro. As vinte e catro fotografías escollidas nesta edición serán de edificios e ruas doados de recoñecer na cidade de hoxe.

Tamén poderán presentarse fotografías correspondentes ás publicadas en 2015.

Podes atopar todas as fotografías aquí.

As fotografías poden remitirse a incude@udc.es ata o 30 de novembro de 2016.

Coas fotografías premiadas realizarase unha pequena exposición.

Ademais teremos uns pequenos trofeos para os premiados.

Durante o mes de setembro realizaremos unhas saídas pola cidade para fotografiar os diferentes lugares.