Sábado 23 de Xullo – Caaveiro
A realizar en coches particulares.
Hora de saída: 10,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Día de camiñatas pola Fraga de Caaveiro.
Retorno previsto: 22,00
Realizaremos o acceso ás fragas do Eume pola localidade de Pontedeume.
Os bosques de ribeira que se estenden a ambas as beiras do río Eume están considerados como un dos mellores expoñentes de bosque atlántico en Europa, tanto pola súa extensión como pola calidade dos seus valores naturais.