Neste curso 2021-2022 imos tentar recuperar a normalidade. O primeiro é convocar unha nova edición do campionato interno de xadrez en liña da UDC!
Bases do Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña
1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Poderán participar tamén os ex-alumnos da Universidade da Coruña.
2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través da aplicación para móbil.
3. O torneo dará comezo o 1 de novembro de 2021. Os participantes deberán ser membros do Club UDC na devandita plataforma xestionado polo usuario INCUDE. Para os que non sexan membros hai que enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos e usuario en chess.com. Esta mensaxe deberá enviarse dende o correo do dominio udc como xeito de comprobar a relación presente ou pasada coa universidade.
4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.
5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez e con ambas cores.
6. O ritmo de xogo será de tres días por xogada, sen dereito a vacacións.
7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.
8. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo.
9. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.
10. Premios: Trofeo para os tres primeiros.
11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.