luns, 24 de xullo de 2023

Sábado 29 a Monforte

ACTIVIDADE EN MONFORTE
DENTRO DO PROXECTO DE INICIATIVA XOVE

Grazas ao apoio da Dirección Xeral de Xuventude ata outubro realizaremos varias saídas para coñcer o patrimonio cultural e medioambiental de distintas localidades de Galicia.

Está prevista a viaxe a tres espazos da nosa provincia; Ares, Caaveiro e Vimianzo e un a cada unha das tres provincias restantes: Monforte, Celanova e Carboeiro.

Precisamente este próximo sábado 29 teremos o desprazamento a Monforte de Lemos.

Sairemos ás 10,00 horas da parada da Casa da Auga, diante do Centro Universitario de Riazor.
(Rúa Manuel Murguía). A viaxe en bus así como as actividades de xogos de taboleiro e sendeiro non ten custo. A comida será por conta de cada participante.

Actividades:
O autobus deixará ao grupo no Campo dos Condes, en Monforte aproximadamente ás 12,00 horas

Os participantes poderán escoller entre quedarse alí mesmo asistindo a distintas demostracións de xogos de taboleiro e tamén indicacións de que é unha cámara de fototrampeo ou ben facer algunha visita na localidade (o veciño colexio ou o museo das Clarisas por exemplo).

En calquera caso o grupo que desexe realizar o sendeiro, deberá estar ás 13,30 listo para coller o bus e marchar a Pobra do Brollón. Dende ali temos a pé o percorrido de volta ata Monforte de Lemos polo Camiño de Inverno. O resume da ruta aquí:

O grupo mais partidario dos xogos de taboleiro e visita cultural deberá estar listo ás 15,30 para coller o bus e marchar ao Pazo de Tor, onde teremos a nosa xa tradicional tarde de xadrez, visitando tamén este Pazo.

Do pazo sairemos ás 19,30, pasaremos por Monforte para recoller aos sendeiristas e de volta para Coruña.

Se queres participar escríbenos ao correo incude@udc.es

Toda a información do noso programa con Iniciativa Xove AQUI