mércores, 9 de agosto de 2023

Domingo 20 a Vimianzo

O pasado 1 de xullo estivemos na xonada do Asalto ao Castelo e o 20 de agosto retornaremos cunha actividade en Vimianzo.

Será unha actividade dentro do programa Iniciativa Universitaria que conta co apoio de Iniciativa Xove neste 2023. Como no caso de Monforte a xornada reunirá accións de coñecemento do patrimonio histórico e natural e tamén de difusión de xogos.

Desprazamento de ida: Saída principal Centro Universitario de Riazor. 10,00 horas.

Mañá:

Grupo de xogos: Colocación de mesas no entorno do castelo para difusión de distintos xogos de mesa.
Posible visita ao Castelo na actividade teatralizada. 12,00 (hai outra ás 17,00)
Torneo de 4 en raia.

Grupo sendeiro: Penedos de Pasarela e Traba.

Tarde:

Actividade de torneos de xadrez e damas. (16,00 e 17,00). 
Proposta creación entidade para o fomento do xadrez e outros xogos na comarca. 

Saída de Vimianzo sobre 19,00 con idea de facer algunha visita mais pola zona.

Consulta a nosa web www.asombrate.es para todos os detalles que vaiamos publicando