domingo, 26 de xuño de 2016

LOITO EN INCUDE


Hoxe faleceu de maneira sorpresiva o secretario e anterior vicepresidente de Iniciativas Culturais e Deportivas (INCUDE).

O falecemento, do que se fixeron eco varios medios de comunicación, produciuse mentres conducía cara Cee para explicar as obras de reforma dunha igrexa en compañía da súa muller e fillas.
(Noticia na Voz)

Diego García-Muñoz foi un dos refundadores da nosa asociación en 2012 cando facía os seus estudos de doutoramento en Arquitectura. Na actualidade ocupaba a Secretaría da asociación, asi como a vicepresidencia no noso club irmán CIDU do que fora tamén un dos seus fundadores. O CIDU é o club máis activo do xadrez coruñés e nos últimos anos Diego apostara polo fomento do xadrez escolar.

As dúas entidades nas que era directivo decidimos suspender as actividades previstas para os próximos días.

A foto é do pasado mes de maio no que gañou o Torneo do Día da Ciencia na Rúa.

Botaremos de menos a súa continua disposición para colaborar nas actividades da asociación, pero sobre todo será imposible esquecer a súa bonhomia.

A nosa mensaxe de apoio á sua familia, especialmente a Nela, Noa e Vera, neste momento tan difícil.

venres, 24 de xuño de 2016

Semanas de xogos

Actividades dunha semana de duración de luns a venres e de 11,00 a 14,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.


1. Semana de Xogos Básicos I.
Do luns 27 de xuño ao venres 1 de xullo.
Tangram, solitarios de taboleiro redondo, damas chinesas...

Para as videiras semanas:

2. Semana de Xogos Básicos II.
Do luns 4 de xullo ao venres 8 de xullo.
Xadrez, damas clásicas, dominó...

3. Xadrez. curso de nivel i.
Do luns 11 de xullo ao venres 15 de xullo.
Curso de iniciación ao xadrez.

4. Xadrez. curso de nivel Ii.
Do luns 18 de xullo ao venres 22 de xullo.
Curso de mellora no xadrez.

5. ESTRATEXIA.
Do luns 1 de agosto ao venres 5 de agosto.
Iniciación aos conceptos de estratexia e táctica e a xogos de taboleiro de tipo estratéxico.

6. xadrez. finais.
Do luns 8 de agosto ao venres 12 de agosto.
Iniciación aos finais de partidas en xadrez.

Cota de participación: 25 euros por curso.
Máximo de participantes por grupo: 8
Mínimo de participantes por grupo: 4
Poden anotarse no correo cidu@xadrezuniversitario.org

xoves, 2 de xuño de 2016

III Olimpiada de Xogos Mentais

Un novo ano e unha nova edición das Olimpiadas de Xogos Mentais. Nesta ocasión repítense algúns torneos pero tamén aproveitamos para introducir outros, como o famoso xogo de mesa Cluedo. Aquí tes a lista de torneos:



TORNEO DE TUTE

Martes 7 de xuño ás 19,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.


TORNEO DE PARTIDAS SEMIRRAPIDAS DE XADREZ DA UDC
Mércores 8 e 15 de xuño ás 19,30 no Pavillón de Deportes de Elviña

TORNEO DE XADREZ ANIVERSARIO DE INCUDE
Venres 10 de xuño ás 20,30 na sala de xadrez do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE XOGO DE TRONOS
Domingo 12 de xuño ás 18,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE DOMINO
Martes 14 e 21 de xuño ás 19,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE CLUEDO
Venres 17 de xuño ás 20,30 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE AGE OF EMPIRES
Domingo 19 de xuño ás 18,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE PARTIDAS RAPIDAS DE XADREZ DA UDC
Mércores 22 de xuño ás 19,30 no Pavillón de Deportes de Elviña.


O gañador de cada torneo recibirá un trofeo e así mesmo os tres primeiros na clasificación xeral recibirán outro. A data de entrega dos trofeos aínda está por determinar.

xoves, 14 de abril de 2016

Primeira sesión do taller de impresión en 3D

Mañá venres 15 de abril a asociación INCUDE realizará a primeira sesión do taller de impresión 3D na sala de Bricolabs, situada na Domus. Poderás ver o funcionamento da impresora 3D ademais de poder observar outros proxectos que membros de Bricolabs están construíndo na mesma sala.

Se tes curiosidade por ver a impresora 3D debes chegar ás 17,30 para entrar todos xuntos. Daremos 10 minutos de marxe e despois subiremos á sala. Vémonos mañá!

luns, 21 de marzo de 2016

Asamblea xeral ordinaria e extraordinaria de INCUDE do 14 de marzo de 2016


Asamblea xeral ordinaria e extraordinaria de INCUDE do 14 de marzo de 2016:

Reuníronse os seguintes socios da asociación:
Daniel Codesido Sánchez
Belén Ferreiro López
Diego García- Muñoz Vaquero
María Cendán Castillo
Elena Lirola Walton
José Manuel Andión Fernández

Os puntos da asemblea ordinaria foron os seguintes:

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Presentación e aprobación das contas da asociación:


O activo a 14 de marzo de 2016 era de 20205,55 euros correspondentes a 83,85 euros de Patrimonio Neto e 2121,70 euros de débeda con socios da asociación.

Durante 2015 a asociación ingresou 133 euros por cuotas de socios e de participación nas actividades da asociación e 997,50 euros como subvención da Deputación da Coruña por actividades realizadas en 2014. Os gastos foron de 1435,01 euros. As pérdidas foron de 304,51 euros.

3. Presentación de memoria de actividades no ano 2015 e propostas para o curso 2016


As actividades para este curso son:

-Taller de impresión en 3D unha vez a mes.
-Visitas ao Muncyt e ao castro de Elviña
-Viaxes culturais ao Castelo Monterrei, Baroña, Pazo de Oca e ao Mosteiro de Oseria
-III Olimpiada de Xogos Mentais no mes de xuño.
-IV Torneo de Xadrez e Liña a partir do mes de setembro.

4. Aprobación da pertenza á Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (ASENCUDEGA)

5. Comunicación das obrigas sobre a LOPD á nova directiva.

6. Aprobación dunha lista de persoas que poden pedir chaves das instalacións cedidas a INCUDE.

O único punto tratado na Asemblea extraordinaria fio o seguinte
1. Elección por unanimidade da nova directiva de INCUDE:

Presidente: Daniel Codesido Sánchez
Vicepresident: Belén Ferreiro López
Secretario: Diego García-Muñoz Vaquero
Tesoureira: María Cendán Castillo
Vogal: Elena Lirola Walton

domingo, 28 de febreiro de 2016

Convocatoria de asambleas xerais ordinarias e extraordinarias


Estimado/a Socio/a:

Pola presente informamos de que o presidente desta entidade ven de convocar

AS ASEMBLEAS XERAIS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

desta Asociación, que se desenvolverán o luns día 14 de marzo do ano en curso ás 11,00 horas en primeira convocatoria e ás 11,30 horas do mesmo día en segunda e última no sala de reunións do SAPE no LERD, situado fronte á Facultade de Camiños no campus de Elviña.
            A Asemblea Ordinaria terá coma

ORDE DO DÍA:

1 - Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.
2 - Balance de Gastos e Ingresos do ano 2015.
3 - Orzamentos do 2016.
4 - Memoria de Actividades desenvoltas no 2015.
5 - Proxecto de actuacións para o 2016.
6 - Pertenza á Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (ASENCUDEGA)
7 - Cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos.
8 - Uso de local cedido pola UDC.
9 - Quenda aberta de intervencións.

A continuación realizarase a de carácter extraordinario, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1 - Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.
2 - Elección de Presidente e Xunta Directiva.
3 - Quenda aberta de intervencións.


Agardamos a súa presenza e participación nestas xuntanzas.

Santiago Domínguez
Secretario

mércores, 3 de febreiro de 2016

Resultados do concurso A CORUÑA EN SEPIA

Debido á baixa participación no II concurso A Coruña en sepia, o xurado encargado de elixir os gañadores decidiu declarar baleiros os tres premios do concurso. Pedimos desculpas para aquelas persoas que se vexan afectadas por esta decisión.

Non obstante, seguimos animándovos a acompañarnos nas vindeiras actividades culturais que faga a asociación.